CRTVG

Buscar

A área sanitaria da Coruña-Cee rexistra o maior número de altas pola covid-19 dende maio

Publicado o 05/09/2020 14:58
A área sanitaria da Coruña-Cee rexistra o maior número de altas pola covid-19 dende maio

O número de altas por casos de coronavirus acaba de acadar o seu rexistro máis alto nos últimos catro meses na área sanitaria da Coruña e Cee.


Segundo datos da Consellería de Sanidade, no día de onte recibiron a alta noventa e oito persoas que estaban ingresadas afectadas pola covid-19 nesta demarcación sanitaria. Esta cifra non se acadaba dende o dezasete de maio, cando aínda estaba vixente o estado de alarma e as medidas de confinamento.

Mentres, os datos máis recentes indican que continúan ingresados nos hospitais da Coruña e Cee sesenta e seis pacientes e que se realizaron 1346 probas PCR.

Noticias web

05/09/2020