CRTVG

Buscar

A área de Santiago contabiliza 1.350 casos activos, unhas cifras que preocupan aos cidadáns

Publicado o 04/11/2020 15:15

Cidadáns, case todos un por un, cara aos seus lugares de estudo ou de traballo, facendo os recados e as compras esenciais. É o ambiente desta mañá en Santiago, nunha nova normalidade restrinxida, coa cidade perimetrada, e uns datos -1.350 casos activos- que preocupan cada vez máis os composteláns.

"Hai que facerlles caso aos expertos, pero unha solución hai que buscar porque o que nos mata é a incerteza", di Carlos Rodríguez, propietario da tenda A cesta.

Os negocios de cara ao público sofren o descenso da circulación de cidadáns. Nunha cidade de estudantes en que tamén eles se sumaron ás restricións do movemento.

Na cidade do final do Camiño non hai hoxe nin 20 peregrinos.

"Estivemos en Navarra, a Rioxa e en Burgos e a medida que iamos pasando ían pechando. E atopamos miradas de desprezo de medo, de 'mira estes peregrinos como entran aquí!'", contan dous deles, que explican que gardan estritamente os protocolos de distanciamento e hixiene.

Santiago conta 80 hospitalizados por covid e 12 persoas na UCI. Na Coruña, hai 132 hospitalizados, 18 en UCI. En Ferrol, cos casos activos por riba de mil, sumaron hoxe 64 positivos máis.

Noticias web

04/11/2020