CRTVG

Buscar

A animación, un sector en auxe en Galicia

Publicado o 28/01/2020 21:24

Xa hai data de lanzamento de The Waylanders. En maio sairá ao mercado este videoxogo ambientado na Galicia medieval e celta creado por Gato Studio na Coruña.

Os videoxogos, pero tamén a animación, os efectos visuais e os contidos dixitais interactivos como son a realidade virtual e a aumentada configuran un sector en auxe en Galicia. Na Coruña celebrouse un encontro para dinamizar este tecido empresarial na cidade.

O sector da animación facturou o ano pasado en España máis de 980 millóns de euros e a previsión para este 2020 é que supere os 1.170 millóns.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020