CRTVG

Buscar

A análise dos restos atopados na vivenda do detido non permite vinculalos a Marta Calvo

Publicado o 27/12/2019 14:01
A análise dos restos atopados na vivenda do detido non permite vinculalos a Marta Calvo

As investigacións sobre a morte de Marta Calvo complícanse. Os restos biolóxicos que se atoparon na casa, en que supostamente morreu, non permiten confirmar se a moza foi despezada na vivenda, tal como asegurou o único detido pola súa desaparición.

As análises dos restos biolóxicos realizadas no laboratorio de criminalística da Garda Civil non permiten determinar se estes gardan relación coa desaparición de Marta Calvo.

Eran tres restos de pel que apareceran hai dez días nas tubaxes do baño da vivenda da localidade Manuel na que Jorge Ignacio Palma asegura que despezou o corpo da muller.

A familia de Marta lamentou que as conclusions do laboratorio non permitan avanzar na investigación.

A versión ofrecida por Jorge Ignacio é que puxera os restos de Marta en nove bolsas que deixou en tres colectores do lixo de dúas loalidades próximas a Manuel.

Os axentes si dan credibilidade a esto ultimo porque o posicionamento do seu móbil coincide co itinerario que describiu o sospeitoso.

Pero 50 días despois da súa desaparición e a pesar da intensa busca na planta de residuos de Dos Augas segue sen haber rastro ningún de Marta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019