CRTVG

Buscar

A ampliación de Rande, galardoada como a segunda mellor estrutura do mundo

Publicado o 05/09/2019 16:18

Recoñecemento internacional á ampliación da ponte de Rande. A obra realizada no viaduto da ría de Vigo quedou como primeira finalista dos premios á mellor estrutura dos galardóns Ostra, entregados onte en Nova York. Uns premios que recoñecen as estruturas máis destacadas, innovadoras e creativas do mundo.

Este novo galardón súmase a outros dous acadados por Rande este mesmo ano: o premio de obra pública acueduto de Segovia e o premio ITS 2019 á mellor obra do ano en España.

Noticias web

05/09/2019