A alta cociña galega reinvéntase para non parar durante o confinamento
Publicado o 01/05/2020 21:57
Lucía Freitas recolle por teléfono os pedidos dos seus clientes. Acaba de poñer en marcha Lucía Freitas Delivery un proxecto de comida a domicilio. Di que está afeita a loitar e no medio desta crise que mantén pechados os restaurantes decidíu seguir facendoo como mellor sabe, dando de comer.
Na súa cociña, en solitario e e extremando as medidas de hixiene prepara os platos que lle valeron unha estrella Michelin e que a converteron na mellor embaixadora da cociña galega no mundo.
Tampouco Javier Olleros do Culler de Pau considerou a opción de quedar parado. O estado de alarma mantén o seu restaurante pechado. Pero agora ten servizo para levar e mesmo cociñar nas casas.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 14:45
27/01/2021 14:15