CRTVG

Buscar

A alerta laranxa por altas temperaturas fixo subir o termómetro ata os 41,2 graos en Leiro

Publicado o 06/08/2020 21:40

Contra a calor, auga para hidratarse e a auga do río para refrescarse nunha xornada de agosto sufocante. En Leiro o termómetro subiu pola tarde ata os 41,2 graos e en na cidade de Ourense rozaron os 41.

En aviso laranxa por temperaturas extremadamente altas na conca do Miño de Ourense, os que puideron fuxiron do asfalto en busca de alivio cara ás beiras do río ou o parque náutico de Castrelo de Miño.

Cada un lévao como pode, uns buscan a sombra e outros gozan do sol.

Así, hoxe foi a xornada máis calorosa do ano na provincia de Ourense, máis calor ca onte, pero mañá irá un chisco menos, o aviso pasa a amarelo e as temperaturas andarán de novo por riba dos 36 graos.

Noticias web

06/08/2020