CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Oia revela as primeiras medidas da Concellería da Felicidade

Publicado o 14/07/2019 15:18

No Concello de Oia queren que xestos coma estes sexan os habituais entre os seus veciños. Para conseguilo decidiron poñer en marcha unha Concellería da Felicidade, unha medida da que só se coñece un precedente en Italia.

Cristina Correa, alcaldesa de Oia: "Unha vila italiana de menos de 4.000 habitantes, Sedegliano, que hai dez anos puxo en marcha unha concellería. Que tal lle vai? Non sei, teía que falar co alcalde".

Para buscar a felicidade dos veciños, o Concello de Oia propón xa as primeiras medidas.

Cristina Correa, alcaldesa de Oia: "Para o mes de agosto, estamos valorando pechar ao tráfico polas tardes na zona histórica, que é un sitio precioso a carón do mosteiro, para que a xente aproveite para pasear, tomar un xeado, buscar a paz e a tranquilidade da veciñanza e dos que nos visiten".

Como dicía Benjamin Franklin, "a felicidade humana non se consegue xeralmente por grandes golpes de sorte, senón con cousas pequenas que ocorren todos os días", por exemplo cun solpor en Oia, mesmo que neste caso a medida non dependa do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019