CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Mos avala continuar coa cidade deportiva do Celta malia as protestas dos comuneiros

Publicado o 25/09/2019 15:22

O Concello de Mos condena os actos dos comuneiros que obrigaron a suspender unha reunión sobre a Cidade deportiva do Celta. A alcaldesa, a popular Nidia Arévalo, di que vai seguir adiante co proxecto.  Os comuneiros advirten de que recorrerán á vía legal.

A mobilización dos veciños que protestaban pola Cidade deportiva acabou con insultos e empuxóns e cun balance dun ferido, ataques de ansiedade e danos materiais. Ante este escenario, a reunión convocada pola alcaldesa para explicar o proxecto aos veciños foi suspendida. Desde o Concello condenan o sucedido.

Arévalo lembrou que se comprometeu cos veciños para sacar adiante o proxecto e que é unha oportunidade para Mos.

A Comunidade de Montes de Tameiga, propietaria dunha gran parte dos terreos onde o Celta ten previsto construír a Cidade deportiva, advirte que recorrerá á vía legal en canto o pleno do próximo luns aprobe a modificación puntual do PXOM.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019