CRTVG

Buscar

A AIReF recomenda reavaliar as obras pendentes do AVE

Publicado o 31/07/2020 16:41

Neste novo escenario económico marcado pola pandemia a Autoridade Independente de Resposabilidade Fiscal, a AIReF, recomenda reavaliar as obras pendentes do AVE. O motivo que alegan é a baixa rendibilidade desta infraestrutura.

En Galicia, isto afecta a proxectos pendentes como a integración do AVE na cidade de Ourense, a coñecida como variente exterior, ou a conexión entre Ourense e Vigo por Cerdedo.

Segundo o informe que presentou a AIRef o Goberno debería repensar estes investimentos pendentes. Porque considera que os beneficios socioeconómicos da alta velocidade non compensan o custo que supón a súa contrución.

España é, despois da China, o país que conta con máis quilómetros de AVE, pero o uso, afirman dende a Autoridade Fiscal, é moi baixo.

Ademais insisten en que a súa construción non axudou á cohesión territorial. Piden, polo tanto, que reformulen os investimentos pendentes e que se reforcen outros servizos máis usados como os de proximidades.

"Eu creo que os galegos estamos cansos de tantos atrasos, de tantos enganos. A alta velocidade a Galicia é a prioridade número un, un obxetivo de país irrenunciable. Galicia é unha comunidade periferica e precisa desas infraestructuras, e planificalas unicamente con criterios de rendibilidade económica significa afondar no desequilibrio territorial", dixo ao respecto Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións.

 

Noticias web

31/07/2020