CRTVG

Buscar

A AIReF propón xubilarse aos 66 para aforrar o 1,4% do PIB

Publicado o 28/09/2020 18:04

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal propón elevar 2 anos a idade efectiva de xubilación. De media, os españois deixamos de traballar pouco despois dos 64 anos. A AIREF pide elevar esa idade ata os 66 e ampliar o período que se toma para calcular da pensión dos 25 anos actuais a 35. O organismo calcula que estas dúas medidas permitirían aforrar o equivalente a 1,4 puntos do produto interior bruto.

Noticias web

28/09/2020