CRTVG

Buscar

A AIReF pide revisar os tipos reducidos de IVE e eliminar a tributación conxunta no IRPF

Publicado o 22/07/2020 15:15

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal propón revisar os tipos reducidos do IVE. Entende que estas reducións non benefician as rendas máis baixas, polo que insta a reformulalas de xeito paulatino.

Nun estudo sobre 13 beneficios fiscais, a AIReF tamén propón eliminar a tributación conxunta no IRPF porque conclúe que desincentiva a participación laboral das mulleres. Tamén pide revisar a redución por arrendamento de vivendas, e insta a reformular os incentivos aos plans de pensións privados.

Noticias web

22/07/2020