CRTVG

Buscar

A afección do Deportivo, obrigada a un esforzo económico para acompañar o equipo a Mallorca

Publicado o 20/06/2019 20:15

Non serán moitos, pero sí escollidos, os que viaxarán animar o Deportivo ao partido decisivo en Mallorca. Os prezos da viaxe e a falta de voos directos ou charter desanimaron a un bo feixe deles: "É que está carísimo, sae a 490 euros máis ou menos, segundo mirei aquí e a eles sáelle a 120", sinala un seareiro deportivista. "Saiu bastante caro pero polo menos podemos ir, podemos contalo", di estoutra afeccionada. "O normal sería que houbese voos da Coruña a Mallorca para un evento destes, como teñen de Mallorca á Coruña. Entón haberá que ir a Santiago, gastar os cartos e ir alá se queremos estar co equipo" apunta, resignado, un terceiro.

Tamén houbo quen atopou unha feliz coincidencia: Tiñamos as vacacións collidas hai unha semanas, houbo sorte e alá marchamos, a ver se hai sorte e ascendemos a primeira

E por suposto, hainos irreductibles
Home, si, vimos aquí todo o ano, non fallei un partido e no partido máis importante deste ano hai que ir apoialos. Aínda que parece que non imos ser moitos, que non se puido organizar unha viaxe para irmos como fumos a Málaga pero a apoialos"

Das 650 entradas ofertadas aínda quedan algo máis da metade






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019