CRTVG

Buscar

A liña aérea británica Flybe é a primeira empresa que creba pola crise do coronavirus

Publicado o 05/03/2020 10:17

O último titular desta crise en clave económica é a creba dunha aeroliña británica, Flybe, que acaba de facerse oficial e pon en perigo uns 2.000 postos de traballo. Flybe operaba dentro do Reino Unido, xa arrastraba problemas financeiros pero a caída da demanda de billetes das últimas semanas converteuse nun obstáculo insalvable, segundo anbunciou o seu conselleiro delegado nunha carta dirixida a todo o persoal.

Mentres tanto, outra compañía, esta escandinava, Norwegian, anuncia que retira a súa previsión de negocio para 2020 ante a incerteza xeranada no mercado, e que suspende indefinidamente 22 voos de longa distancia, os que conectaban Londres e Roma con distintas cidades dos Estados Unidos.

Tamén acaban de ser cancelados todos os voos con orixe en Corea do Sur (un dos grandes focos do coronavirus) con destino a calquera cidade de Australia. As autoridades do país acaban de decidilo ao tempo que recoñecían que a súa economía se vai contraer polo menos medio punto no primeiro trimestre do ano.




 

Noticias web

05/03/2020