CRTVG

Buscar

A AECC pide que se manteñan as medidas antitabaco máis alá da crise do coronavirus

Publicado o 23/11/2020 13:28

22.000 persoas morren cada ano vítimas do cancro de pulmón. O tabaco é o responsable do 82 por cento dos casos desta enfermidade e do 30 por cento das mortes por cancro. Con estes datos enriba da mesa e despois de facer un estudo entre pais, fumadores e non fumadores, desde a Asociación Española contra o Cancro propóñenlles ás autoridades sanitarias que manteñan e amplíen as medidas antitabaco máis alá da crise do coronavirus.

Primeiro, por saúde pública, e segundo, porque suporía un aforro duns 5.700 millóns de euros.

Na rúa os non fumadores ou os que deixaron o tabaco son partidarios de que se endurezan as leis antitabaco. Pola contra, os fumadores din sentirse perseguidos.

Desde a delegación coruñesa da Asociación Española contra o Cancro traballan no fomento de espazos libres de fume e ofrécenlles axuda ás persoas que queren deixar o tabaco, con ferramentas como a aplicación Respirapp.

Noticias web

23/11/2020