CRTVG

Buscar

A adega galega Paco & Lola, primeira de España que logra a excelencia nos protocolos contra a covid

Publicado o 14/08/2020 15:02

Nada máis pasar a porta da adega, comezan os controis: limpeza de calzado, medición de temperatura e desinfección de mans. Tamén hai que poñer unha máscara nova e inscribirse nun rexistro.

O protocolo para as visitas inclúe a cita previa. Cada persoa ten un número, que indica o lugar en que ten que colocarse.

Tamén desinfectan as zonas comúns cun innovador sistema de limpeza mediante pulverización. Hai dúas quendas de traballo que rotan, nunca coinciden, e o persoal sométese a análises periódicas.

Grazas a estas medidas, é a primeira adega de España que logra a excelencia na certificación Global Safe Site de Bureau Veritas. Pasaron controis rigorosos.

O recoñecemento avala a seguridade duns protocolos aos que dedican moito traballo e investimento.

Noticias web

14/08/2020