CRTVG

Buscar

A actividade física regresa con atención individualizada

Publicado o 13/05/2020 20:58

Seguindo todos os pasos do novo protocolo de acceso, a atleta Raquel Meaños retoma parte do seu adestramento neste centro deportivo arousán onde, de momento, a atención é exclusivamente individual.

As clases de pilates de Jesús Aboal están nas redes sociais do seu centro desde que empezou a pandemia e seguirán sendo virtuais mentres non se autoricen os grupos, que serán máis reducidos do que xa eran e posiblemente, con menos duración, para hixienizar as instalacións nos descansos. O confinamento trouxo novas ideas.

Aulas en liña, exclusividade e ao aire libre, son, de momento, as opcións permitidas nesta fase da desescalada.

Noticias web

13/05/2020