CRTVG

Buscar

A Academia volve adiar os actos do Día das Letras que xa foran aprazados en maio

Publicado o 30/10/2020 14:21
A Academia volve adiar os actos do Día das Letras que xa foran aprazados en maio

A Real Academia Galega (RAG) acordou adiar novamente o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas, que tiña previsto celebrar este sábado na Coruña na propia sede da RAG.

A RAG decidira esta semana que ese acto que tiña previsto realizarse en Ferrol se fixese na Coruña, debido ao empeoramento da situación sanitaria pola crise do a covid na área de Ferrol. Hoxe, logo de coñecerse as novas restricións adoptadas pola Xunta de Galicia, e que impiden as entradas e saídas da Coruña, entre outros lugares, a Academia volve aprazar o acto unha vez máis.

A institución tiña previsto desenvolver o acto central de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero na cidade natal o sábado 31 de outubro, coincidindo co centenario do seu nacemento, e logo de pospolo na data tradicional, o 17 de maio, como consecuencia do confinamento.