CRTVG

Buscar

A Academia recoñece a traxectoria de Pepa Flores co Goya de honra

Publicado o 23/10/2019 21:11

O Goya de Honra deste ano será para Pepa Flores. A mítica Marisol recibirá o galardón o próximo 25 de xaneiro na súa cidade, en Málaga, como recoñecemento a toda a súa carreira.

A Academia refírese á actriz como unha das máis queridas e lembradas da historia do cine español, dende as súas actuacións como nena prodixio nos anos 60 e 70, ata a súa faceta como actriz dramática baixo a dirección de Juan Antonio Bardem, Carlos Saura ou Mario Camus.

Pepa Flores, afastada dos focos dende 1985, di que se sente moi honrada por este recoñecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019