CRTVG

Buscar

A Academia da Ciencia honra a Andrés Comerma no Día da Ciencia en Galicia

Publicado o 08/10/2020 21:43

Galicia celebra hoxe o día da Ciencia. O pazo de Fonseca acolle o acto conmemorativo organizado pola Academia galega das Ciencias, ao que asisten o presidente da Xunta e os reitores das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.

O científico homenaxeado este ano é Andrés Comerma, enxeñeiro da Armada que deseñou no século XIX o Dique da Campá, no Arsenal de Ferrol, un dos máis grandes do mundo naquela época.

Descendentes de Comerma asisten ao acto no que tamén se entregaron as medallas de investigación da academia galega e os premios Ernesto Vieitez.

Noticias web

08/10/2020