CRTVG

Buscar

A ABAU vaise celebrar os días 9, 10 e 11 de xuño e este ano hai novidades en Galicia

Publicado o 23/01/2020 09:59

Aínda estamos en xaneiro, e parece cedo para empezar a falar das probas da ABAU pero o certo é que xa comezou a contra atrás. O Goberno xa descartou un cambio de modelo para este curso pero aquí en Galicia si hai novidades. En Galicia os exames serán o 9,10 e 11 de xuño.

Celso Rodríguez, profesor de Matemáticas e delegado en Santiago para a ABAU, explica como xa se están axilizando os trámites para o desenvolvemento da proba e tamén sobre as novidades da ABAU 2020.

"Non hai novidades en canto aos exames, vai ser do mesmo tipo que os anos anteriores; iso xa se anuncia cun ano de antelación. Pero si vai haber cambios nos procesos de revisión: antes os alumnos tiñan que elexir entre doble correción ou reclamación. Neste momento hai un proceso conxunto, eles terán menos problemas para elexir, e gañaremos unha semana. Tamén hai cambios cando soliciten o ingreso nunha facultade e hai lista de espera, teñen que confirmar que queren seguir na lista de espera, porque iso pérmitenos chamar aos que realmente lle interesa. Tamén se van facer catro chamamento de matrícula en xullo. Esperamos así que os que se matriculen en xullo estén matriculados antes do mes de agosto. Vai reducir o tempo de matrícula e en vez de dous días e medio terán dous días", explica Celso Rodríguez.

Celso Rodríguez tamén anuncia que o Goberno está formando unha comisión para traballar nunha selectividade máis igualitaria en todas as comunidades autónomas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020