CRTVG

Buscar

90 persoas son investigadas como presuntas incendiarias en Galicia

Publicado o 10/08/2020 21:53

O comité de coordinación contra incendios da Xunta reuniuse de novo hoxe. O conselleiro do Medio Rural, a Policía Autonómica, a Garda Civil e Protección Civil analizaron a evolución dos incendios. Na xuntanza tamén afondaron no traballo de investigación, clave para reducir os incendios.

En Galicia hai agora mesmo 90 persoas investigadas como presuntas incendiarias. Esta fin de semana detiveron dúas: un home no concello ourensán da Teixeira, sospeitoso de provocar 11 incendos forestais, e unha muller en Nigrán, á que sorprenderon os veciños prendendo lume no monte con pastillas de acendido.  

 

Noticias web

10/08/2020