CRTVG

Buscar

90 minutos separan o Rácing da Segunda B

Publicado o 01/06/2019 13:43
Os ferroláns defenden mañá un gol de renda en Xaén (20:00, TVG2)

A éxtase chegou no minuto 95. Un gol, o de Joselu, festexado como o que foi, un tanto que mudou radicalmente a decoración da eliminatoria. O 1-0 da Malata obriga a defender a renda. Pero os 99 goles anotados polo rival esixirán padecer.
Así, Juan Antonio, o dianteiro do Rácing considera que  "ningún equipo sobe a Segunda B sen sufrir e estamos moi concienciados de que vai ser así, que imos ter que sufrir"

O horario, oito do serán, axuda, pero as altas temperaturas poden afectar. O andaluz Juan Antonio vai ser quen mellor o leve. Ao respecto, o goleador do Rácing sinalou que "os que xogamos somos moitos galegos pero non creo que inflúa porque ao final cando estás dentro do terreo de xogo e estás tan preto de conseguir o obxectivo, no que estás centrado é no partido"

A expulsión de Choco, que se perderá a volta, e un gol anulado por un fóra de xogo previo do Xaén incremental aínda máis a temperatura ambiental. O estadio de la Victoria acollerá a dez mil espectadores. Non estará só o Rácing, con 300 afeccionados. Os primeiros, os da Peña Morandeira, xa viaxaron pola noite.

Noticias web

01/06/2019