CRTVG

Buscar

9.000 persoas aspiran a unha das 830 prazas de enfermería

Publicado o 03/05/2019 15:20

Son os últimos días para repasar o voluminoso temario das oposicións de Enfermería do Sergas, e cada quen afróntaos con máis ou menos tensión en función das súas expectativas.

As 110 preguntas do exame tipo test, canda outra proba de lexislación, requiren tempo e cartos para ser superadas con éxito.

Hai aproximadamente unha praza por cada dez aspirantes, unha media que, segundo os preparadores, non está mal. Pero aprobar o exame non significa conseguir o traballo.

Os puntos que dá a experiencia laboral deixan fóra aos que, aínda aprobando, teñan menos tempo traballado. Mesmo así, presentarse ás probas é imprescindible para poder formar parte das listas de contratación temporal.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019