CRTVG

Buscar

Oito mil axentes controlarán o cumprimento das novas restricións en Galicia, co foco posto nos centros comerciais

Publicado o 14/01/2021 19:46

Os preto de 8.000 axentes da Policía Nacional e da Garda Civil que vixían o cumprimento das restricións en Galicia van intensificar os controis ante o endurecemento das medidas que entran en vigor esta medianoite. Así o acordaron hoxe na xuntanza do Centro de Coordinación Autonómico. Prestarán especial atención ás vías de acceso ás cabezas das áreas metropolitanas e ás proximidades dos centros comerciais para evitar aglomeracións e detectar desprazamentos inxustificados dende outros concellos.

Noticias web

14/01/2021