CRTVG

Buscar

7.000 persoas dependen da teleasistencia en Galicia

Publicado o 12/02/2020 15:04

En Galicia son máis de 7.000 os usuarios do servizo de teleasistencia, que permite ás persoas maiores vivir de xeito autónomo coa tranquilidade de poder contactar con Emerxencias se o precisan, só premendo un botón.

Os usuarios tamén contan cun dispositivo móbil que permite localizalos en calquera momento e avisar se teñen algún accidente fóra da casa. Ademais, os voluntarios da Cruz Vermella chámanos cada certo tempo para falar con eles e comprobar como están. Unhas chamadas que crean vínculos de amizade e contribúen a que os maiores se sintan acompañados.

O futuro do servizo pasa por aproveitar tecnoloxías como o 5G para mellorar a mobilidade dos dispositivos e permitir así facer un mellor seguimento aos usuarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2020