CRTVG

Buscar

Sesenta e sete persoas contaxiadas na residencia de Barbadás

Publicado o 25/10/2020 21:07

Sesenta e sete persoas contaxiadas de covid-19.

Ese é o resultado que deixa, polo de agora, a segunda onda da pandemia nesta residencia de maiores de Barbadás. No centro residen actualmente 120 persoas. A xerencia da área sanitaria de Ourense deu hoxe a coñecer o resultado das probas. Case a metade dos seus residentes están afectados por coronavirus.

O concello pídelle á Xunta que se reforce canto antes o cadro de persoal do centro. Nos vindeiros días, din, só queda estar pendentes da evolución do gromo.

Con todo, é o centro Os Gozos no Pereiro de Aguiar o que segue a contabilizar un maior número de contaxios en Galicia: noventa e unha persoas entre usuarios e traballadores. Ademais, a residencia habilitada en Santiago para maiores infectados de covid-19 acolle xa os seus primeiros usuarios: sete persoas procedentes da residencia Santa Olalla de Boqueixón.

Noticias web

25/10/2020