CRTVG

Buscar

59 concellos galegos levan dúas semanas sen contaxios, 40 deles están en Ourense

Publicado o 28/11/2020 20:52

A máscara é imprescindible para xogar a partida. En Cartelle non se detectou ningún caso de Covid nos ultimos 14 días pero non se pode baixar a garda.

Foi dos primeiros concellos da provincia de Ourense en rexistrar contaxios na primeira vaga da pandemia, e iso, din, serviulles para tomar conciencia.

Gardar as distancias é máis doado en concellos rurais coma este como explican veciños que decidiron trasladarse a vivir alí.

40 concellos dos 92 que ten a provincia de Ourense levan polo menos dúas semanas sen contaxios. Algún como Vilar de Santos non chegou a ter ningún positivo en todo o que levamos de pandemia. Así e todo os rexedores insisten, hai que extremar todas as precaucións.

En Galicia hai neste intre 59 concellos libres de Covid, dous de cada tres están na provincia de Ourense. Séguelle de lonxe a de Lugo con 14 municipios sen contaxios. Tres tan só hai na Coruña e dous en Pontevedra.

Noticias web

28/11/2020