CRTVG

Buscar

Cincuenta e sete comparsas toman as rúas de Ourense no desfile central do Entroido

Publicado o 23/02/2020 21:50

Moito ambiente tamén nas rúas de Ourense. Na cidade das Burgas, 57 comparsas participaron no desfile central do seu Entroido acompañadas no seu percorrido por milleiros de persoas que non perderon detalle das distintas temáticas deste ano. Non faltaron a sátira e as críticas á actualidade municipal e tampouco a música, o baile, o bo humor e sobre todo moita imaxinación. Ademais, repartiranse máis de 5.000 euros en premios para o rei ou raíña do Entroido ou para a mellor comparsa, entre moitos outros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020