CRTVG

Buscar

57 aspirantes por praza nas oposicións para Correos en Galicia

Publicado o 16/01/2020 12:35

Case 10.000 persoas teñen cita este domingo en Silleda para intentar sacar unha praza en Correos. Ofértanse 169 en Galicia, sobre todo para a provincia da Coruña. Son 57 aspirantes por praza.

A gran maioría das vacantes ofertadas, máis de 100, son para repartición, motorizado ou a pé, pero tamén hai unhas 20 vacantes de clasificación e 40 de atención ao cliente. Estas últimas, con proba específica.

No conxunto de España, Correos oferta máis de 4.000 prazas. Falan da maior estabilización de emprego da última década.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020