CRTVG

Buscar

50º aniversario do lanzamento do Apolo XI

Publicado o 16/07/2019 18:41

Levamos lembrando o histórico evento hai xa varios días, pero xusto hoxe é cando fai 50 anos do lanzamento do Apolo XI con destino á Lúa. En Cabo Cañaveral, na Florida, celebran o aniversario e no resto do mundo seguimos con fascinación o relato daquela fazaña.

Foi a conta atrás máis seguida pola humanidade. Os últimos segundos antes do despegue da nave Apolo XI dende Cabo Cañaveral, o 16 de xullo de 1969, hai xusto hoxe 50 anos. Con case cento once metros de altura, o foguete Saturno V era naquel momento o único coa potencia suficiente para catapultar unha nave tripulada cara á Lúa. A bordo, os astronautas que todos temos na nosa memoria colectiva, Amstrong, Aldrin e Collins.

Cunha tecnoloxía que hoxe nos pode parecer moi superada polos avances en informática ou enxeñería, os tres astrounautas tiñan o reto de percorrer 386.000 quilómetros ata chegar á Lúa. Tardaron 76 horas ata pousarse na superficie do noso satélite. E o que sucedeu despois xa é historia con maiúsculas: Amstrong descendendo pola escaleira da nave e pisando a superficie lunar. Quizais xa vimos mil veces estas imaxes, pero non hai quen nos nubre a fascinación dese instante.

Noticias web

16/07/2019