CRTVG

Buscar

O 5 de maio abre o prazo para solicitar cita telefónica para realizar a declaración do IRPF

Publicado o 04/05/2020 13:53
O 5 de maio abre o prazo para solicitar cita telefónica para realizar a declaración do IRPF

Os contribuíntes poderán solicitar desde mañá, martes 5 de maio, o plan Chamámolo da Axencia Tributaria, para que Facenda os chame e poidan confeccionar as súas declaracións da Renda 2019. Con este obxectivo, a Axencia Tributaria reforzou a atención telefónica.

De momento non se poderá solicitar unha cita para a atención presencial. Esta posibilidade estudarase en función das recomendaciones das autoridades sanitarias.

Os contribuíntes que queiran que a Axencia Tributaria os chame para confeccionar a declaración da renda, deberán solicitar cita previa desde este martes por Internet, na aplicación da Axencia Tributaria, ou nos teléfonos 901 22 33 44 - 91 553 00 71, de atención persoal, ou 901 12 12 24 - 91 535 73 26, que son deservizo automático, ata o próximo 29 de xuño de 2020, en horario de 9 a 19 horas de luns a venres.

A AEAT, que reforzou a atención telefónica, comezará a chamar a partir deste xoves, 7 de maio.

Noticias web

04/05/2020