CRTVG

Buscar

43 persoas morreron no incendio dunha fábirca na India

Publicado o 08/12/2019 13:59

Un incendio nunha fábrica na India deixa 43 mortos e máis de 60 feridos.
O lume comezou de madrugada e afectoulle a un edificio de seis plantas situado nun barrio antigo da capital, Nova Delhi.
A maioria dos falecidos eran traballadores que durmían no interior do inmoble no que fabricaban bolsos e outros artigos.
Os feridos foron trasladados a tres hospitais e algúns están moi graves.
As autoridades desprazadas no lugar apuntan a un curtocircuíto como a orixe do lume.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019