CRTVG

Buscar

39 pacientes menos por coronavirus en Galicia deixan este sábado en 279 a cifra de pacientes

Publicado o 04/07/2020 11:54

• Un total de 10.722 pacientes xa están curados e só hai 4 ingresados en hospitais

• O número de probas PCR realizadas en Galicia achégase ás 200.000

 

39 pacientes menos por coronavirus en Galicia deixan este sábado en 279 a cifra de pacientes

 

Os datos ofrecidos este sábado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade dan conta do forte descenso de pacientes con coronavirus na comunidade, onde hai 279 rexistrados, e a práctica totalidade están en seguimento nos seus domicilios. Só hai catro que permanecen en unidades de hospitalización e ningún en UCI.

A día de hoxe hai 275 pacientes en seguimento nos seus domicilios. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas e rexistráronse 619 falecementos. Por áreas sanitarias, 50 pacientes son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

O número de probas PCR realizadas é de 195.156 e na xornada do venres non se rexistraron falecementos.