35 mortos e 800.000 hectáreas queimadas nos incendios dos Estados Unidos
Ata 90 graos se alcanzaron nas zonas máis afectadas polos incendios que están a devastar boa parte de California e do veciño estado de Oregón.
Nas últimas horas foi preciso evacuar 70.000 persoas que viron como os 28 incendios que permanecen activos poñían en perigo as súas vivendas. A cifra de mortos xa se eleva a 35 entre California, Oregón e Oklahoma.
Ademais, a intensidade dos incendios é tal, con columnas de fume de ata 10 quilómetros de altura, que fixo subir as temperaturas, chegando na cidade dos Ánxeles a 49,4 graos, a máis alta da que hai constancia.
O fume foi desprazado polo vento e os seus efectos notáronse mesmo nas illas Baleares, a máis de 6.000 quilómetros.
O observatorio astronómico do Monte Wilson, unha xoia da tecnoloxía americana, estivo a piques de ser pasto dunhas lapas que provocaron enormes estragos en toda a rede de abastecemento eléctrico californiana.