CRTVG

Buscar

300 persoas visitan a Casa da Lagoa en Sandiás e coñecen a historia da lagoa de Antela

Publicado o 28/08/2019 21:12

Os máis maiores da Limia aínda lembran os tempos da lagoa de Antela. Alí pasaban o día coas vacas e bañándose nos pozos, algúns pouco profundos e outros con máis de dous metros.

Toda e a súa historia pódese coñecer na Casa da Lagoa en Sandiás. Este verán recibiu máis de 300 visitas, moitos limiaos, pero tamén xente de toda a Península.

Nos últimos anos, na zona das Aereiras estase a recuperar pouco a pouco parte da biodiversidade e a riqueza natural da desecada lagoa de Antela.

Noticias web

28/08/2019