CRTVG

Buscar

3.500 militares marcharán no Desfile da Festa Nacional

Publicado o 11/10/2019 20:34

A inminencia da sentenza do procés marcara previsiblemente os comentarios políticos na Festa Nacional que se celebra mañá. O acto central será, como cada doce de outubro, o desfile das Forzas Armadas que desta volta conmemoran o 30 aniversario da súa participación en misións no exterior.
O rei Filipe VI e a familia real presidirán a marcha de 3.500 efectivos dos diferentes exércitos. Tamén das forzas de seguridade, Protección Civil e Salvamento Marítimo. Este ano como países invitados marcharán tropas de Líbano, Mauritania e Malí.
 

Noticias web

11/10/2019