CRTVG

Buscar

260 persoas optan a ser guía turístico da Xunta

Publicado o 03/09/2019 16:24

Non teñen a titulación de Turismo, así que para ser guías teñen que superar un exame eliminatorio de historia e cultura galegas e dominar 3 linguas, unha delas estranxeira.

Os que aproben sumaranse aos 700 guías acreditados pola Xunta. Eles son os únicos que poden traballar legalmente nos máis de 800 bens de interese cultural do país, coa Ribeira Sacra e as Illas Atlánticas incluídas. Un carné permanente co que defender un sector afectado polo intrusismo.

Hai catro anos que non se convocaban estas probas. Pero o turismo medra, o Xacobeo aproxímase e cómpre ter moitos e bos anfitrións cos que recibir as visitas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019