CRTVG

Buscar

25 mulleres asasinadas en Portugal este ano

Publicado o 25/11/2019 20:18

Esta tarde, en Coímbra, unha fila de folios lembraba a historia das mulleres asasinadas na cidade nos últimos 15 anos. Como a historia de Fernanda e Inés, nai e filla asasinadas polo seu marido e pai.

En Portugal non contan cunha lei específica como a nosa lei orgánica contra a violencia machista e falan de violencia doméstica englobando homes, mulleres e nenos. Pero, por outra banda, si teñen un rexistro de vítimas asasinadas por homes, sexan a súa parella ou non, a diferenza de España. En 15 anos contabilizan 500 mulleres asasinadas, unha cifra moi elevada se temos en conta que Portugal ten 10 millóns de habitantes; en España foron 1.000 asasinatos con 4 veces máis poboación. Aínda que o movemento feminista pola igualdade non é aquí tan forte como na nosa comunidade, un ano máis, por este 25 de novembro, houbo concentración nunha ducia de cidades.

Pedirán a mellora asistencial das vítimas, xulgados específicos como os que temos en Galicia e tamén a diferenciación oficial entre violencia machista e violencia doméstica. Así, con sorte, algun día non vai ser preciso pendurar historias de mulleres coma estas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019