CRTVG

Buscar

A fuga de máis de 400 presos nun cárcere en Haití deixa polo menos 25 mortos

Publicado o 27/02/2021 00:20
A fuga de máis de 400 presos nun cárcere en Haití deixa polo menos 25 mortos

25 persoas faleceron en Haití durante un motín e a posterior fuga nun cárcere situado preto da capital da illa caribeña. Entre os falecidos hai seis presos e o director do cárcere. Tamén varios cidadáns que foron agredidos polos reclusos fuxidos.

Tamén faleceu un dos principais líderes de bandas armadas de Haití. Foi abatido pola Policía cando ía reencontrarse co seu grupo armado. A Policía Nacional busca uns 400 fugados. Outros setenta foron xa detidos e retornados ao centro penitenciario.

Máis sobre actualidade