CRTVG

Buscar

25 anos desde o primeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia

Publicado o 01/03/2021 18:52
25 anos desde o primeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia está de aniversario. Cúmprense 25 anos do seu primeiro concerto. Foi o 29 de febreiro de 1996. Baixo a dirección do mestre alemán Helmut Rilling, presentábase ante o público neste recital no Auditorio de Galicia. Desde entón, a orquestra ofreceu máis 1.200 recitais en escenarios de todo mundo. O concerto de conmemoración dos 25 anos ía celebrarse a primeiros de marzo, pero pospúxose ata o verán debido á pandemia.

 

Noticias web

01/03/2021