CRTVG

Buscar

21 falecidos nas estradas españolas desde o venres

Publicado o 26/12/2019 08:15

En toda España morreron nove persoas en accidentes de tráfico entre Noiteboa e Nadal. Dende o venres pasado, cando comezou a operación especial de tráfico, houbo 21 falecidos nas estradas. O sinistro máis grave ocorreu en Madrid, onde morreron tres mozos.

Ata o día de Reis, prevense este Nadal case vinte millóns de desprazamentos.

Noticias web

26/12/2019