CRTVG

Buscar

21 feridos nun descarrilamento dun tren en Francia

Publicado o 05/03/2020 13:46
21 feridos nun descarrilamento dun tren en Francia

Descarrilamento dun tren de alta velocidade a trinta quilómetros de Estrasburgo. Vinte e unha persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, o condutor do tren.

O suceso ocorreu ás 8 da mañá cando a locomotora saíu das vías polo afundimento do terreo por causas que se descoñecen, aínda que se sospeita das intensas choivas destes últimos días. No tren, que cubría o traxecto entre Colmar e París, viaxaban unhas 300 persoas.

Noticias web

05/03/2020