CRTVG

Buscar

2020 foi o ano máis cálido en Galicia desde que hai rexistros

Publicado o 18/01/2021 21:40

Son imaxes de xullo do ano pasado, un dos meses xunto a febreiro e maio que foron extremadamente cálidos en Galicia. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, o 2020 foi o ano máis cálido dos últimos 70 anos na nosa comunidade. A temperatura subiu 1,2 graos, situándose nos 13,4 graos de media.

Contrariamente ao agardado, nin sequera o fenómeno de La Niña, que actúa arrefriando o planeta, mudou a tendencia rexistrada en Galicia.

Entre os factores determinantes do aumento da temperatura, os expertos apuntan unha certeza científica.

Se non se actúa para reverter a situación, a tendencia ascendente podería seguir batendo marcas nos próximos anos.

Noticias web

18/01/2021