CRTVG

Buscar

200 persoas camiñan en Melias por Rafa nunha andaina solidaria a favor da asociación Pequenos Heroes

Publicado o 02/08/2020 14:45

Pequenos e maiores madrugaron este domingo para camiñar polo pequeno Rafa. Este 25 de agosto fará dous anos e a súa enfermidade neuromuscular impídelle camiñar, comer por si mesmo e ata respirar.

Rafa e a súa familia tamén fixeron parte desta camiñada solidaria. E mentres seu pai, Santi, anima os camiñantes, o pequeno xoga co seu móbi alleo á expectación que xera. Este é o xeito que teñen os veciños de Melias, no Concello ourensán do Pereiro de Aguiar, de axudar a que a súa vida mellore.
Unha mensaxe chea de enerxía para que a loita diaria de Rafa e a súa familia sexa un pouco menos difícil.

Noticias web

02/08/2020