CRTVG

Buscar

200 galegos embarcarán en Vigo no Solitaire para construír un oleoduto en Israel

Publicado o 05/05/2020 20:25


O Solitaire é o buque instalador de tubaxes máis grande do mundo e chegará a Vigo nas próximas horas. A finalidade da súa entrada no porto é a de embarcar a douscentos tripulantes galegos.

Os tripulantes permanecen confinados en varios hoteis á espera dos resultados das probas da COVID-19. A empresa adoptou todo tipo de medidas de protección para os traballadores. Trasladáronos en autobuses de 15 en 15, dormen en cuartos individuais e non poden saír deles. O xoves subirán ao Solitaire e partirán cara a Israel onde traballarán oito semanas na construción dun gasoduto.

O Solitaire é o segundo barco máis grande do mundo, ten máis de catrocentos metros de eslora, 40 de ancho e un calado de 15 metros. Dadas as súas características, a manobra de atraque vai ser moi complicado. Este barco pode colocar ata 9 quilómetros de tubaxes ao día en augas profundas.

Noticias web

05/05/2020