CRTVG

Buscar

Unhas 8.000 persoas evacuadas e unhas 3.400 hectáreas queimadas no incendio de Gran Canaria

Publicado o 19/08/2019 09:00

O lume en Gran Canaria entrou nun parque natural e os medios locais falan de 8.000 persoas evacuadas, ata esta mañá do luns. A madrugada foi dura, as lapas seguen sen control e os efectivos continúan a reforzarse nun dispositivo nunca visto nas illas, que aínda terá moito que loitar para poder conter o voraz incendio.

Máis de cinco mil veciños evacuados e 3.400 hectáreas queimadas, o último dato oficial, da tarde de onte. O lume en Gran Canaria segue sen control e os responsables da extinción recoñecen que debido ao comportamento do incendio aumentará notablemente a superficie afectada. 

Refórzanse os efectivos e esta mesma madrugada chegaban máis medios. A unidade militar de emerxencias ten no terreo arestora 278 militares e 55 medios aéreos e terrerestes. Do Cabildo traballaron esta noite 400 efectivos, 700 toman o relevo á mañá. O maior dispositivo nunca relaizado nas illas.

O lume entrou no parque natural de Tamadaba. A evolución do incendio obrigou tamén ao peche de vinte estradas. As autoridades lembran á poboación que non deben achegarse a estas zonas e piden colaboración cidadá, por exemplo, realizando labores de limpeza nas zonas ás que non chegaron as lapas.

 

 


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019