CRTVG

Buscar

Cento cincuenta e oito brotes activos en España

Publicado o 19/07/2020 15:50

Un brote en Gandía que suma xa 70 persoas infectadas fixo que o goberno valenciano decidira pórlle freo ao lecer nocturno. Desde a noite pasada, os pubs e as discotecas desta localidade deberán permanecer pechados durante dúas semanas.

"Hai moitos restaurantes e bares que cumpren escrupulosamente coas recomendacións. Este é un chamamento para aqueles que non o fan", explica Ana Barceló, conselleira de Sanidade da Generalitat valenciana

Outro dos brotes activos en Valencia produciuse nunha discoteca de Santa Pola, onde catro traballadores deron positivo. As restriccións tamén afectan ás praias. Nas de Benidorm é necesario reservar espazo a través dunha aplicación. Nas de Andalucía e do Pais Vasco é a primeira fin de semana en que é obrigatorio usar a máscara

No País Vasco rexistraron 115 positivos nas últimas 24 horas, a cifra máis alta desde finais de abril. Os focos máis activos, relacionados co lecer nocturno, son os de Zarautz e Getaria, onde hoxe seguen facendo probas PCR.

En Zaragoza, a monitora dun campamento infantil deu positivo por coronavirus, e iso obrigou a desinfectar as instalacions.

Andalucía suma 90 novos casos nas últimas 24 horas. Trinta deles están relacionados co brote rexistrado hai dias nunha discoteca de Córdoba.

Noticias web

19/07/2020