CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Ribeira e Porto do Son que arrasou 175 hectáreas

Publicado o 08/09/2019 11:38

Ás dez da mañá deste domingo, os equipos que traballan na extinción do lume nos concellos de Ribeira e Porto do Son indicaron de que dan por estabilizado este incendio, que as últimas informacións daban conta de que queimara unha superficie de 175 hectáreas. O lume comezou o venres ás once da noite e na súa extinción participaron un total de 20 brigadas, 11 axentes forestais, 13 camións motobombas, 4 hidroavións e 9 helicópteros, co respaldo de 78 militares da UME.

Eran as cinco da mañá cando unha veciña avisou a Manuel e os seus de que tiñan o lume ao pé da casa. Manuel é un dos veciños de San Pedro de Muro, unha das parroquias do Son máis afectadas polo lume que empezou onte e que levou por diante máis de 150 hectáreas co vento como aliado.

Miran cara ao lume con impotencia. É un monstro que arrasa con toda a vida que atopa por diante. É terrorismo ambiental.

Xosé González, conselleiro do Medio Rural: "Calquera persoa que nestas circunstancias climatolóxicas, polo motivo que sexa, lle prenda lume ao monte é un delincuente".

Delincuentes que ano tras ano acaban co que é de todos. Dende pola mañá investíganse os sospeitosos de orixinar este incendio. Catro hidroavións e nove helicópteros, ademais de numerosos medios terretres, traballaron arreo durante todo o día para intentar que o lume faga o menor dano posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/09/2019