CRTVG

Buscar

15 días de confinamento en Francia: "Estamos en guerra"

Publicado o 17/03/2020 15:00

"Estamos en guerra". Así se dirixía o presidente Macron aos franceses para xustificar a adopción de novas medidas contra o coronavirus. A nivel económico, o Goberno suspende o pago das facturas de auga, gas, electricidade e alugueiros para as empresas, ás que ofrece 45.000 millóns en axudas directas. Tampouco terán que pagar impostos nin cotizacións sociais mentres dure a crise. E se teñen que tirar de créditos bancarios, o Estado asumiraos cun fondo de 300.000 millóns de euros.

O illamento dos franceses nos fogares arrancou hoxe e durará quince días, nos mesmas condicións que en España. Cen mil policías vixían que se cumpra o confinamento ameazando con multas. Quedan mobilizados, ademais, taxis e hoteis para poñelos ao servizo dos sanitarios e tamén se apraza, sen data, a segunda volta das eleccións locais.

Noticias web

17/03/2020